Primeiro Equipo

Luis Enrique, novo adestrador do RC Celta

RC Celta

Luis_Enrique_01.jpg

O técnico asturiano, ex de Barcelona B e Roma, asinou polas dúas próximas tempadas

 

Luís Enrique Martínez García (Gijón, Asturias, 1970) é xa o novo adestrador do Real Club Celta tras o acordo alcanzado entre club e técnico para as dúas próximas tempadas. O ex xogador internacional dirixiu nas últimas campañas a Barcelona B e Roma e chega avalado por un xogo alegre e ofensivo, unha aposta firme e inequívoca pola canteira e a gran competividade que inculcou a estes equipos.

 

O técnico asturiano, ex futbolista de Sporting de Gijón, Real Madrid, FC Barcelona e internacional coa selección española, realizou un gran labor no Barcelona B entre o 2008 e o 2011. Na súa segunda tempada ao fronte do conxunto blaugrana Luís Enrique ascendeu ao filial a Segunda División, un logro que os culés non conseguían desde facía 11 anos. Na campaña seguinte o seu equipo asinou un campionato brillante no que terminaron a liga como terceiros, a mellor clasificación alcanzada xamais polo Barcelona B na división de prata.

 

Tras finalizar a súa etapa no club barcelonista Luís Enrique ocupou durante un ano o banco da A.S. Roma, equipo histórico do fútbol italiano. O cadro romano finalizou a tempada 2011/2012 no sétimo posto da división de honra de Italia.

 

O novo adestrador do Real Club Celta será presentado nos próximos días, nunha data aínda por determinar.

 

Fotografía: FC Barcelona

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas