Hemeroteca canteira

Luis Rioja, velocidade e desborde para o Celta B

RC Celta

luis_rioja.jpg

O extremo dereito procede do Real Madrid e asina polas próximas 3 tempadas con opción a 2 máis

 

O RC Celta continúa definindo o plantel do seu filial de cara a unha nova tempada en Segunda División B. O club vigués pechou hoxe a incorporación do extremo dereito Luis Rioja, procedente do Real Madrid, que será xogador celeste as próximas 3 tempadas con opción a 2 máis.

 

Luis Jesús Rioja González (Sevilla, 1993) iniciou a súa formación futbolística no CD Cabecense e a pasada tempada militou nas filas do Real Madrid C. O novo extremo céltico destaca polo seu desborde e velocidade, ademais de por poder xogar a perna cambiada cando se lle require.

 

O RC Celta e a súa Fundación continúan traballando con dedicación para fortalecer o proxecto de canteira e garantir un futuro sólido á filosofía futbolística do club celeste.

 

Fotografía: Real Madrid

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas