O dianteiro rompeuse o ligamento cruzado a mediados do pasado mes de maio en Balaídos
Xornada especial para o dianteiro Mario Bermejo. Case seis meses despois da súa operación, rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo, o ariete céltico recibiu a alta médica, que recolleu en Asepeyo, e xa está a disposición do técnico Luís Enrique.
Mario Bermejo é, de feito, un dos xogadores do Real Club Club Celta que participarán no partido de homenaxe ao ex xogador celeste Fernando Cáceres que terá lugar este mércores en Zaragoza.
O dianteiro cántabro lesionouse o día oito de maio en Balaídos nun partido ante o Atlético de Madrid e foi operado no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima polo xefe dos servizos médicos do club, Juan Jose García Cota, o día 14 dese mesmo mes.