Maxi Gómez, máximo goleador de cabeza das grandes ligas europeas

O celtismo está a adoitarse a cantar os goles de Maxi Gómez. E é que o charrúa acumula doce dianas en LaLiga (trece, segundo o Trofeo Pichichi) en vinte e tres xornadas, un rexistro que lle converte no cuarto máximo goleador do campionato, tan só por detrás do seu compañeiro Iago Aspas (15), o seu compatriota Luís Suárez (16) e Messi (20).

Por se isto fose pouco para un futbolista de tan só 21 anos na súa tempada de debut en Europa, tras o seu último gol de cabeza ante o Espanyol, Gómez converteuse no máximo goleador de cabeza das grandes ligas do fútbol continental con sete tantos anotados desta forma.