O incrible momento goleador de Maxi Gómez, xa alcumado como ‘Maxigol’ por boa parte do celtismo, non pasou desapercibido para ninguén. Os 4 goles marcados nas primeiras 3 xornadas (segundo o Trofeo Pichichi) servíronlle para dar un paso de xigante cara á Selección Uruguai: o ariete celeste foi preconvocado polo combinado absoluto uruguaio.
O seleccionador Óscar Tabárez incluíu ao ariete celeste na lista provisional de face aos partidos ante Venezuela e Bolivia do próximo mes, clasificatorios ao Mundial 2018. De acabar formando parte da lista definitiva Maxi estrearíase nunha convocatoria da Absoluta Uruguaia e estaría un paso máis preto de cumprir un dos seus soños máis ansiados, vestir a elástica do seu país.
A Selección de Uruguai concentrarase a partir do domingo 1 de outubro en Caracas. Unha semana antes, Tabárez anunciará a convoatoria definitiva.