Maxi Gómez: “Prepareime para estar ao mellor nivel no Celta”

maxi_gomez_presentacion_celta_escudo.jpg

Maxi Gómez, a primeira fichaxe do RC Celta para a tempada 2017/18, presentouse este mércores no estadio de Balaídos. O atacante uruguaio levantou unha gran expectación entre os afeccionados celestes, que deron unha calorosa benvida ao futbolista. “Prepareime para estar ao mellor nivel no Celta”, asegurou Maxi.

 

Na rolda de prensa ante os medios de comunicación o vicepresidente Ricardo Barros desexou o maior dos éxitos ao xogador en nome do RC Celta. Pola súa banda, o director deportivo Felipe Miñambres expresou a satisfacción do club por esta incorporación e desexou que o uruguaio “siga coa súa progresión”.

 

“Estou contento de formar parte dun club tan grande”, declarou Maxi Gómez na súa primeira comparecencia como futbolista celeste. Procedente do Defensor Sporting, co que levantou o Torneo Apertura 2017, defínese a si mesmo como “un xogador que actúa moito na área, que podo aguantar a pelota”. Maxi estivo arroupado por centos de afeccionados que non quixeron perderse a súa presentación, entre eles moitos compatriotas uruguaios.

Leave a Reply

18 − six =