Maxi Gómez sela a súa incorporación ao Celta ata 2022

maxi_gomez_celta_firma_presidente_carlos_mouriño_vigo.jpg

 

Maxi Gómez xa exerce de celeste. O dianteiro uruguaio chegou a Vigo o domingo e esta mesma mañá selou a súa incorporación ao RC Celta xunto ao presidente Carlos Mouriño na sede social do club. Maxi será celeste ata 2022.

 

Con tan só 20 anos de idade, Maxi Gómez (Paysandú, 1996) foi definido por diferentes analistas non só como o mellor xogador do Torneo Apertura de Uruguai, senón como o futbolista con maior proxección do país suramericano. O RC Celta achega ao seu plantel presente e futuro coa incorporación deste goleador de gran envergadura, boa técnica e habilidade no remate. O atacante charrúa chega procedente do Defensor Sporting, club co que se proclamou campión do Torneo Apertura 2017.

 

A presentación do novo futbolista celeste terá lugar este mércores 28 de xuño ás 11:30 horas no estadio de Balaídos.

Leave a Reply

two × one =