Maxi, Guidetti e Iván regresan das súas seleccións

Maxi Gómez, John Guidetti e Iván Villar reincorporáronse este venres aos adestramentos do primeiro equipo tras finalizar as súas concentracións coas seleccións de Uruguai, Suecia e España Sub-21. Unha vez regrese Pablo ‘Tucu’ Hernández, último internacional celeste por chegar a Vigo, o adestrador Juan Carlos Unzué volverá contar con todos os seus homes na Madroa.