Hemeroteca canteira

Máxima crueldade para o Celta B: Encaixa dous tantos no desconto e cae derrotado

RC Celta

celta_b_sporting_b_6414.jpg

Thaylor adiantou aos célticos, que encaixaron nos minutos 92 e 94 

 

Durísimo varapalo para o Celta B, que no desconto gañaba, de forma merecida, un partido clave. O Celta B, empuxado por unha afección magnífica, adiantouse por medio de Thaylor, pero nos minutos 92 e 94 encaixou senllos goles a balón parado para sufrir unha derrota de máxima crueldade. 

 

Bo arranque dun Celta B que deixou claro desde o inicio que só lle valía a vitoria. Boas chegadas ante un rival que non podía apenas combinar pola gran presión dos locais, que puxeron unha enorme intensidade. Aos 9 minutos, o Sorting B mostrou as súas cartas: Veloz contragolpe con pase final cara a e Álex García, quen erró en boca de gol.

 

A xogada, clara, freou un tanto aos vigueses, máis agarrotados pola responsabilidade. As ocasións desapareceron nesa fase do choque, máis igualado e ancorado no centro do campo. Aos 20 minutos, Antón lanzou de lonxe, pero atrapou ben o meta rival. O filial recuperara o control.

 

Aos 23 minutos, Yelko recolleu un rexeite no área pequena, pero o seu lanzamento tapouno Ayala. Gran ocasión para os célticos, que volvían apertar arriba. E cando mellor estaban. nova contra do Sporting. Esta vez Rubén desviou de xeito magistral o remate, no man a man, de Álex García.

 

Tralo descanso, Ayala desviou con apuros un bo lanzamento de Antón. E un minutos despois, no 2 da segunda metade, Thaylor aproveitou un rexeite do meta tras disparo de Borja Iglesias para marcar. O filial tomaba vantaxe nos primeiros instantes. E puido aumentala pouco despois, aos 11 minutos cun penalti cometido sobre Borja Iglesias. Ayala detivo o lanzamento desde os once metros do dianteiro santiagués.

O Sporting B, que seguía deste xeito no partido, deu un paso adiante en busca do empate ante un Celta B que defendía con orde a súa valiosa vantaxe. Rubén salvou, de novo de xeito prodixioso, un remate de Bustos aos 35 minutos de xogo. O rival apertaba, o filial celeste sufría, aínda que aos 38 minutos unha gran contra puido sentenciar o partido, pero a vaselina de Samuel saíu lixeiramente elevada. Como un remate de Borja Iglesias ante Ayala un instante despois. Dúas grandes ocasións para pechar o partido.

E a desgraza chegou no desconto. Aos 92 minutos, saque de esquina, varios rexeites e Rachid remata á rede. Varapalo tremendo, que aínda se agudizou dous minutos despois, no 94: Falta que lanza Álex Menéndez e novo gol do rival. Dolorosa derrota.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-Celta B: Rubén, Soto, Goldar, David Costas, Samuel, Borja Domínguez, Borja Fernández (Marcos Torres, min.74), Yelko Pino (Javi Rey, min.85), Antón, Thaylor (Añón, min.82) y Borja Iglesias

 

2-Sporting de Gijón B: Ayala, Benito, Erencia, Alain, Álex Menéndez, Alberto, Zambrano (Adma Toure, min.74), Guillermo (Guillermo, min.46) Rachid, Mera y Álex García, Alain (Castro, min.73)

 

Goles: 1-0, min.47: Thaylor; 1-1, min.92: Rachid; 1-2, miun.94: Álex Menéndez

 

Árbitro: Escudero Marín, do comité castelán manchego. Expulsou a David Costas (min.94) e amonestou  a Borja Fernández, Erencia e Mera

Campo: Barreiro, uns 1.500 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas