MELLORA PERSOAL

A Fundación Celta ofrece aos Programas máis accións, que están aliñadas cos nosos valores e ética, co obxectivo de educar aos máis novos. Estes valores que promoven tanto o Club como a Fundación son: Paixón, Respecto, Traballo en equipo, Corazón, Liderado, Compañeirismo e Traballo duro.

Clases de Castelán/Clases de inglés

Ofrecemos a oportunidade de combinar os adestramentos con clases de inglés ou español debido ao acordo entre a Fundación Celta e Sinergy Didactic.

Sinergy Didactic ten a función de dar aos mozos a confianza e habilidades necesarias que eles necesitan para prepararse para o futuro e a globalización.

A Fundación Celta non entende o aprender sen involucrarse, sen participar. Consideramos que a mellor vía para mellorar as habilidades lingüísticas é mediante unhas clases que combinan a aprendizaxe práctica e a diversión.

Charlas

Os Programas de adestramento enfócanse na metodoloxía do traballo, o que supón abordar temas importantes como son os comportamentos vinculados a cada valor do noso Club, o modelo de xogo e outros aspectos como a nutrición ou a comunicación.

Realizamos charlas, cursos ou xornadas de formación para técnicos nos que tratamos de aumentar o desenvolvemento da capacidade mediante:

  • Diferentes Talleres: Nutrición, Descanso, Estudos….
  • Cursos de Inglés e de Español.
  • Conferencias técnicas sobre metodoloxía de traballo.
  • Conferencias técnicas sobre os diferentes modelos de xogo.
  • Consellos psicolóxicos/Axuda psicolóxica (Adaptada a termos deportivos).

Formación de Adestradores

O noso persoal é moi consciente da responsabilidade que teñen como adestradores e formadores. O Departamento de Metodoloxía xerou un programa que se preocupa pola educación integral dos mozos. Somos un club de fútbol, pero non queremos adestrar aos nosos xogadores unicamente en habilidades futbolísticas, queremos preocuparnos pola súa formación integral.

Temos unha lista de contidos por áreas que poden interesarlle aos adestradores/monitores doutros equipos. Tamén podemos adaptar o contido ás esixencias de cada grupo.

Para iso valoramos, ademais do rendemento futbolístico, os seus comportamentos en partidos, adestramentos e actuacións académicas.