precios-copa-octavos-ida-2018.jpg
Celtismo

Merca as túas entradas para o Barça de Copa e Real Madrid de Liga

RC Celta


[button url=”https://www.rccelta.es/taquillaCelta” target=”blank”]Merca as túas entradas online (só categoría ADULTO)[/button]

O RC Celta comeza o 2018 ao grande, con dous encontros de máxima esixencia. O xoves 4 de xaneiro ás 19:00 os celestes mídense ao FC Barcelona na ida de oitavos de Copa do Rei e, apenas tres días despois, será o Real Madrid quen visite Balaídos con motivo da xornada 18 de LaLiga.

As entradas para o emocionante choque copeiro ante o FC Barcelona teñen uns prezos moi atractivos, con billetes desde 20€ e 40€. En canto ao partido contra o Real Madrid, o club lembra que será ‘Día do Club’ e por tanto os abonados que xestionaron o seu carné fóra de data promocional deberán adquirir un suplemento para acudir ao estadio.

Os despachos de billetes de Balaídos permanecen abertas durante decembro de luns a venres en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas. Os días de partido abren desde as 10:00 ata o inicio dos encontros. As entradas tamén poden adquirirse en www.rccelta.es/taquillaCelta

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas