Hemeroteca canteira

Meritorio triunfo, en inferioridade, do Celta B ante o Ourense

RC Celta

celtab_ourense_1913.jpg

Gran desgaste do filial para superar a calor e as adversidades. Iglesias anotou o tanto da vitoria

 

O Celta B, con dez desde os minutos iniciais da segunda metade pola expulsión de Kevin, realizou un esforzo descomunal, baixo unha intensa calor, para superar a un correúdo Ourense. O tanto da vitoria, nunha xogada magnífica, foi anotado por Borja Iglesias ao bordo do cuarto de hora da segunda parte. Meritorio triunfo para os célticos.

 

Ao sete minutos, primeira gran chegada do Celta B. Yelko atopou a Añón por dentro e o disparo do dianteiro foi despexado, cunha gran intervención, por Pato. O filial apertaba nesa fase con profusión nas súas chegadas á área dun ordenado e correúdo Ourense.

 

Borja Iglesias, algo forzado, non acertou a rematar un bo centro de Maceira aos 9 minutos. O filial dominaba con autoridade o choque. Cunha gran presión arriba e un bo xogo combinativo desactivaba ao seu rival e xeraba ocasións de maneira continuada.

 

Rubén despexou con acerto un remate cruzado de Iker Alegre aos 17 minutos na primeira chegada do Ourense. O partido igualouse na seguinte fase, con máis pugna no centro do campo, moi dura, e menos chegadas. Con media hora cumprida, apenas aproximacións e moitas imprecisións na construción.

 

Aos 39 minutos, boa contra celeste con remate elevado de Fernán desde a frontal. A última ocasión da primeira metade, xa no 45, unha boa combinación celeste na área que sacou a zaga con apuros.

 

Tras a continuación, o Ourense tomou a iniciativa con maior empuxe que os celestes, quen non acababan de sentirse cómodos coa firme presión do rival e parecían acusar máis a intensa calor.

 

Aos 12 minutos, rigorosa segunda amarela para Kevin. O Celta B quedaba en inferioridade e David de Dios recompuxo ao equipo con Goldar e Aitor sobre o céspede e Soto no lateral dereito.

 

O filial se rehízo e acosou ao Ourense nos seguintes minutos con varias opcións a balón parado, algunha con moito perigo. E a insistencia, a coraxe, tivo premio. Aos 27 minutos, fenomenal arrancada de Goldar, con apertura a Soto, centro perfecto de primeiras e remate á rede de Borja Iglesias. Gran gol.

 

No cuarto de hora final, o Ourense, en superioridade numérica e desvantaxe no marcador, deu un paso adiante e empuxou con decisión en busca do empate. Ao Celta B tocáballe defender e sufrir. E fíxoo con caste para sumar a súa segunda vitoria nas dúas primeiras xornadas de competición.

 

FICHA TÉCNICA

1-Celta B: Rubén Blanco, Kevin, Soto, Antón, Maceira, Borja Fernández (Javi Rey, min.46), Borja Domínguez, Fernán (Aitor, min.60), Yelko (Goldar, min.61), Borja Iglesias e Añón.

 

0-C.D. Ourense: Pato, Yosu, Pinillos, Moisés, Portela (Noguerol, min.74), Yebra, Iker Alegre, Adil, Óscar Martínez, Javi Hernández (Gustavo Souto, min.60) e Borja Valle.

 

Goles: 1-0, min.72: Borja Iglesias.

 

Árbitro: De la Fuente Ramos, do comité castelán leonés. Expulsou con dobre amarela a Kevin (min.57), e amonestou Borja Domínguez, Maceira, Antón, Rubén, Portela

 

Campo: Barreiro, uns 1000 espectadores.

 

Foto: Marta Grande

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas