Primeiro Equipo

Miguel Cardoso: “Demostramos o equipo que queremos ser”

RC Celta

O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, lamentou o inicio do partido ante o FC Barcelona, onde os azulgranas conseguiron adiantarse no marcador cun gol de Dembele. “Ao principio buscamos a súa portería moi rápido e iso custounos recibir un gol pronto. A charla do descanso foi moi positiva porque volvemos ao plan inicial e a segunda metade foi completamente diferente”, apunto o preparador portugués.

O técnico celeste mostrou a súa alegría polo visto no segundos corenta e cinco minutos, onde o RC Celta fíxose dono do encontro. “Hoxe, sen contar os primeiros 20 minutos, demostramos o equipo que queremos ser no futuro”, asegurou Cardoso.

O capitán Hugo Mallo tamén lamentou as ocasións perdidas polo RC Celta. “Puidemos facerlle máis dano ao Barcelona”, sinalou tras o partido.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas