Primeiro Equipo

Miguel Cardoso: «O equipo reaccionou tras o descanso»

RC Celta

O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, apuntou a dous partes ben diferenciadas durante o partido ante o Rayo Vallecano. “Foi unha primeira metade tola, co Rayo situando a moitos xogadores na nosa liña. Houbo moita pelexa nun campo que estaba en mal estado polo xeo”, sinalou o técnico en rolda de prensa.

Ademais, enxalzou a reacción dos seus tras o intermedio. “Corriximos moi ben, axustamos as pezas no medio e o equipo tivo unha reacción incrible tras o descanso. Controlamos o partido ata o terceiro gol, que non reflectía o que se estaba vendo no campo”, comentou o portugués.

Pola súa banda, o capitán Hugo Malló lamentouse dos goles concedidos polos celestes. “As ocasións que nos crean son iguais, temos que corrixilo e, sobre todo, facer autocrítica individual e colectiva”, apuntou.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas