Miguel Cardoso: «Só queremos que nos deixen xogar ao fútbol»

O adestrador do RC Celta Miguel Cardoso sinalou que a derrota en Getafe é un castigo “moi duro” tras o visto durante o partido. “Preparámolo moi ben, traiamos toda a ilusión, tiñamos o partido controlado? Tras o penalti en contra equipo resistiu, creou ocasións, meteu un gol que non foi porque o árbitro non o deu. A pesar diso tamén tivemos ocasións na segunda metade”, apuntou en rolda de prensa.

Sobre as xogadas polémicas, o preparador portugués limitouse a dicir que cre no traballo dos árbitros e sinalou que “só queremos que nos deixen xogar ao fútbol”.