Primeiro Equipo

Miguel Cardoso: «Teño a certeza de que imos competir moi ben»

RC Celta

Convocatoria: non están Iván Villar, Radoja, Emre Mor, Olaza, Jensen, Iago Aspas, Hoedt e Hjulsager.

Palabras do presidente: escoito con atención a actualidade do club, pero creo que o importante é que estamos moi unidos. Fixemos unha semana moi boa de adestramentos. O final do mercado tamén nos dá tranquilidade para o futuro.

Equipo: creo moito nos xogadores que temos. Os resultados non foron bos pero o equipo ten todas as condicións para sumar puntos e competir ao máis alto nivel. Teño a certeza de que imos competir moi ben.

Boudebouz: Os que están son os mellores. Teño a certeza de que os xogadores que temos están moi capacitados para sacar adiante o equipo, para gañar partidos e para xogar ben ao fútbol. El está na lista e veremos mañá.

Sevilla: equipos da súa experiencia, nivel e variedade de xogadores pasan polos malos e bos momentos con estabilidade. Non creo que lles faga dano o seu último partido.

Okay: ten experiencia de xogar como central. Veremos se mañá metémolo no equipo e en que posición. Dame confianza que saiba xogar na defensa.

Centro do campo sen Okay: non creo que os problemas que tivemos teñan que ver co centro do campo. Él achega unha serie de cousas, seguro, pero o máis importante é que como equipo comprendamos os comportamentos que queremos.

Afección: este partido é unha gran oportunidade para o equipo e para emocionar á afección e conectar con ela. Quero que teñamos unha honestidade moi grande no que concierne a pelexar por partido. Estou seguro de que os xogadores van dar a vida no encontro. A afección ten que comprender que xuntos somos máis fortes e que necesitamos a súa enerxía. O partido é moi importante.

Descenso: é unha situación que toca agora pero hai que reaccionar e tirar cara adiante. Debemos ter as forzas de cambiar a dinámica. Nos últimos partidos tivemos oportunidades de sumar puntos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas