Miñambres analiza a actualidade deportiva do Celta

O director deportivo do RC Celta, Felipe Miñambres, atendeu este martes aos medios de comunicación para analizar a actualidade deportiva do club vigués. “Temos boas expectativas. Estamos preto da loita por Europa”, valorou o astorgano nunha rolda de prensa na que falou sobre a situación do equipo, as renovacións e o mercado invernal.