Minuto de silencio antes do partido ante a Real Sociedad

Antes do partido de LaLiga ante a Real Sociedad, o vindeiro domingo 27 de outubro ás 12.00 horas en ABANCA Balaídos, gardarase un minuto de silencio en memoria de Albino Carrera Estévez, xogador do equipo vigués entre 1959 e 1961, Francisco Javier Garbayo, exfutbolista celeste entre 1958 e 1960, e Miguel López Tellez, quen defendeu a camiseta do RC Celta durante sete tempadas entre 1961-1968. Descansen en paz.