MRW, novo membro de honra da Fundación Celta, respaldará ao Celta Integra

MRW, líder en transporte urxente de paquetería, convértese en novo membro de honra da Fundación Celta tras a firma dun convenio de colaboración coa entidade viguesa. O apoio da compañía española suporá un importante reforzo ao labor de fútbol base da Fundación Celta, pero en especial a un dos seus proxectos máis ilusionantes: o equipo Fundación Celta Integra de xogadores con discapacidade intelectual.

Santos Almeida, xerente das oficinas de MRW en Vigo, Ourense e Pontevedra, rubricou o convenio de colaboración na sede social do club xunto a Germán Arteta, director da Fundación Celta.