Mutilvera, rival do Celta B na segunda eliminatoria do play off de ascenso

O partido de volta despútase este domingo no Campo de Barreiro

 

A RFEF sorteou esta tarde os emparellamentos da segunda fase do play off de ascenso a Segunda División B. Tras eliminar ao Cortes na primeira eliminatoria, o bombo deparou un novo rival navarro para o filial celeste: o CD Mutilvera.

 

O partido de ida disputarase este domingo 9 de xuño no Campo de Barreiro (horario por confirmar), mentres que a volta celebrarase no campo do Mutilvera o domingo 16 de xuño. O equipo navarro finalizou a tempada como segundo clasificado do grupo 15, con 78 puntos na súa marcadora e 78 goles a favor.

Leave a Reply

2 × 4 =