Nace ‘Grada 1923’, porta de acceso a Balaídos para mozos celtistas e altofalante de animación

 Grada1923.jpg

 

O RC Celta creou para a tempada 2017/2018 na Grada de Río un espazo específico que terá como obxectivos principais multiplicar o apoio ao equipo durante os partidos e servir de porta de acceso a Balaídos para os xoves celtistas.

 

A ‘Grada 1923’ ofrecerá unhas condicións moi ventaxosas para que se sumen á iniciativa o maior número de afeccionados posible e con iso por unha banda potenciar o crecemento da ‘familia celeste’ e por outra reforzar o alento ao equipo, cuestións, ambas, de gran importancia para o club.

 

Desde este venres ás 9.00 horas, tanto online como nas taquillas de Balaídos, poderán adquirir ou trasladar o séu abono para a Grada 1923 os afeccionados que teñan entre 16 e 40 anos de idade, ambos inclusive, cun prezo significativamente máis baixo que o establecido en Río: 140 euros para sub-25 e 250 para adulto.

 

A estes prezos pódeselles aplicar o desconto do 10 por cento de Accionista ou Familiar, non acumulables entre si, e o do 5 por cento se se tramíta o carnet antes do 30 de xuño. Ademais, os abonados que acudan a máis do 80 por cento dos partidos oficiais gozarán dun desconto do 10 por cento na tempada seguinte.

 

Os abonados da Grada 1923 non poderán ausentarse en tres partidos consecutivos ou cinco alternos durante a tempada para garantir unha animación constante e profusa durante os encontros en Balaídos.

Leave a Reply

20 − five =