Navalcarnero – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a dezasete xogadores para o partido da duodécima xornada de 2ª B, na que os celestes visitan o campo do Navalcarnero (domingo, 16:30 horas, Mariano González).

A listaxe fórmana Iván Villar, Jero, Farrando, Riki Mangana, Fontán, Alomerovic, Ros, Pampín, Rai, Pastrana, Dani Molina, Solís, Dani Vega, Iban Salvador, Jacobo, Aarón Rey e Dennis.

Robert Costa, Álex Serrano e Apeh son baixas por lesión e Alende por sanción.