Néstor Araujo accede ás semifinais de Copa Ouro e Maxi Gómez cae con Uruguai

A selección mexicana clasificouse esta madrugada para as semifinais de Copa Ouro tras imporse nos penaltis a Costa Rica. O central do RC Celta Néstor Araujo disputou 106 minutos co combinado azteca, consolidado como titular no equipo nacional.

Doutra banda, Maxi Gómez despediuse en cuartos de final da Copa América con Uruguai tras caer, tamén nos penaltis, ante Perú. O dianteiro celeste non dispuxo de minutos no encontro.