Néstor Araujo chega a Vigo para ser presentado este venres en A Sede

Néstor Araujo, novo defensa do RC Celta, aterrou este xoves a Vigo e será presentado como xogador celeste mañá venres 6 de xullo ás 18:00 na sede social do club, na Rúa do Príncipe.

O ‘Salón Regio’ de A Sede acollerá a rolda de prensa de presentación, de acceso exclusivo para medios de comunicación. Ao termo da súa primeira comparecencia en Vigo, o internacional mexicano atenderá na tenda da sede a todos os afeccionados que acudan a coñecerlle.

A presentación de Araujo coincide no intermedio da xornada mundialista, que pode seguirse no Gambeta Gastrobar da Sede: ás 16:00 Uruguai-Francia, sobre as 18:30 firma de autógrafos de Araujo e ás 20:00 Brasil-Bélxica.