Néstor Araujo consegue o título da Copa Oro con México

Néstor Araujo proclamouse a pasada madrugada campión de Copa Oro. México impúxose na final a Estados Unidos por un gol a cero. O central do RC Celta, que non gozou de minutos neste último encontro, foi unha das pezas importantes do seu combinado nacional e foi incluído no mellor once da primeira fase do torneo.