Néstor Araujo e Fran Beltrán, titulares coas súas seleccións

Fran Beltrán e Néstor Araujo foron titulares coas súas respectivas seleccións nos seus últimos compromisos internacionais. Beltrán xogou até o minuto 72 coa Sub-21 española na vitoria 2-0 ante Montenegro en partido clasificatorio para o Europeo, mentres que o central mexicano disputou os 90 minutos do amigable ante Arxentina. A Selección de México caeu derrota por 4-0.