Néstor Araujo, no Once Idal da fase de grupos da Copa Ouro

Gran recoñecemento da CONCACAF a Néstor Araujo. O central celeste foi incluído no Once Ideal da fase de grupos de Cópaa Ouro, competición que o céltico disputa estes días coa Selección de México. Araujo disputou ao completo os dous primeiros partidos do combinado azteca (vitorias ante Cuba e Canadá) e descansou no terceiro (triunfo ante Martinica), choque que México afrontou coa clasificación á seguinte fase garantida.

O partido de cuartos de final entre México e Costa Rica dispútase na madrugada do sábado ao domingo (03:30 CEST). Tamén afronta un importante compromiso este sábado o dianteiro Maxi Gómez e a Selección de Uruguai: os cuartos de final da Copa América ante Perú (21:00 CEST, tvG2).