Néstor Araujo recupérase a tempo para o partido en Anoeta

O central Néstor Araujo recibiu a alta médica este venres tras completar con normalidade a sesión de adestramento matinal na Madroa. O internacional mexicano sufriuse unha edema muscular nos isquiotibiais esquerdos durante o partido da súa selección ante Arxentina, unha doenza da que se recuperou totalmente, polo que pasa a estar a disposición do adestrador Cardoso de face ao partido ante a Real Sociedad en Anoeta (luns, 21:00, GOL).