Néstor Araujo sofre unha escordadura de grao I e o Toro recibe a alta médica

As probas realizadas ao central Néstor Araujo confirmaron o diagnóstico realizado. O defensor mexicano sofre unha escordadura de grao I no ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito. Nos próximos días comezará a adestrar de maneira progresiva co grupo. Pola súa banda, Gabriel Fernández recibiu a alta médica tras completar a sesión ao mesmo ritmo que os seus compañeiros. Jorge Sáenz, Iván Villar e Juncà continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.