Néstor Araujo: «Vir a un equipo que busca cousas grandes é un reto».

O ‘Salón Regio’ de A Sede acolleu este xoves a presentación do central Néstor Araujo, novo xogador do RC Celta, que estivo acompañado na súa posta de longo como celeste pola conselleira Carmen Avendaño e o director deportivo Felipe Miñambres.

O internacional mexicano mostrouse «feliz, comprometido co club e motivado» e asegurou que «vir a un equipo que compite e busca cousas grandes é un reto» para el. Preguntado polo seu coñecemento sobre o adestrador do RC Celta, Antonio Mohamed, o mexicano explicou que se trata dun técnico «ofensivo, con fútbol alegre».

Tras a rolda de prensa cos medios de comunicación, Araujo acudiu á tenda de A Sede para atender ás decenas de celtistas que acudiron a darlle a benvida e que tiveron a oportunidade de fotografarse con el e conseguir o seu autógrafo.