Non é o mesmo velo que vivilo: a Grada 1923 continúa en marcha

grada1923a.jpg

 

Aínda non é tarde para embarcarse co Celta á tempada 2017/18. A Grada 1923, singular espazo celeste situado na bancada de Río Baixo, continúa aberta a novas altas cunhas condicións moi especiais: os afeccionados Sub-25 poden abonarse por tan só 190€ e os de categoría Adulto (ata 40 anos) por 340€, os dous prezos coa cota de alta xa incluida.

 

A estes prezos (sen a cota de alta) pódeselles aplicar o desconto do 10 por cento de Accionista ou Familiar, non acumulables entre si. Ademais, os abonados que acudan a máis do 80 por cento dos partidos oficiais disputados a partir da obtención do seu carné gozarán dun desconto do 10 por cento na tempada seguinte.

Os celtistas que desexen sumarse á Grada 1923 poden tramitar os seus carnés presencialmente nos despachos de billetes do estadio de Balaídos de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, nos días de partido no horario establecido con motivo de cada encontro ou telematicamente en calquera momento a través da web www.rccelta.es/grada1923

Leave a Reply

10 − four =