Hemeroteca club

Notable representación do RC Celta nas “II Xornadas sobre Dereito Deportivo” da Universidade de Vigo

RC Celta

jornadaderecho110416.jpg

O RC Celta terá unha notable representación nas “II Xornadas sobre Dereito Deportivo” que, organizas pola Universidade de Vigo, desenvolveranse os días 3, 4, 24 e 26 abril no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo e a aula Magna da Facultade de Dereito do Campus de Ourense.

 

Entre os integrantes do comité científico do evento figura o director xeral do RC Celta, Antonio Chaves, quen tamén terá participación na presentación das xornadas, o luns 24 de abril no salón de actos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do traballo de Vigo.

 

Ese mesmo día, ás 17.00 horas desenvolverase unha mesa redonda sobre o “Exceso ou defecto de normas no mundo do Fútbol” na que participarán o adestrador do RC Celta, Eduardo Berizzo, un xogador do primeiro equipo e David Pérez Pallas, árbitro de Segunda División da LFP, unha actividade que dará paso a un sorteo de material deportivo esponsorizado polo Real Club Celta.

 

Tras o sorteo, ás 17.30, celebrarase unha conferencia sobre “a responsabilidade do directivo nun club ou sociedade anónima deportiva” a cargo de Antonio Chaves, director xeneral celeste.

 

O acto de clausura das xornadas será o 26 de abril na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo ás 20.45 horas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas