Nova escola da Fundación Celta en Goián

A Fundación Celta de Vigo asinou un importante convenio de colaboración co club Goián FC para o desenvolvemento dunha escola deportiva na localidade.

O acordo, asinado esta semana polos presidentes de ambas as entidades e o director da Fundación Celta de Vigo, inclúe unha importante colaboración en materia de formación de xogadores así como unha escola de asesoramento a para os preparadores do Goián e unha escola para nenos desde prebenjamín a xuvenil.

Este convenio ten unha duración de 2 anos prorrogables e é un paso máis na ampliación da rede de convenios con clubs da base que ten a Fundación Celta de Vigo.

 

Leave a Reply

fifteen + sixteen =