Novidoso convenio do RC Celta e a súa Fundación con el CD Louro, que recibirá asesoramento técnico

conveniocdlouro.jpg

A entidade celeste refrenda o seu compromiso có fútbol base galego

 

O RC Celta, no seu empeño por fortalecer os lazos de unión cos clubs da súa contorna e potenciar o fútbol base da provincia e de toda Galicia, asinou xunto á Fundación Celta un convenio de colaboración co CD Louro Tameiga de Mos do que se beneficiarán 250 mozos xogadores.

 

Carlos Mouriño, presidente do RC Celta; Germán Arteta, director da Fundación Celta, e Patricio Farrapeira, presidente do CD Louro, selaron esta mañá na sede un amplo convenio que, a petición do club de Mos, inclúe asesoramento técnico a nivel de metodoloxía e hábitos de adestramento.

 

Ao longo dunha tempada, con opción a ampliación, o CD Louro contará nos seus adestramentos con profesionais do RC Celta que achegarán os seus coñecementos e información aos adestradores e futbolistas mosenses.

 

O RC Celta e a súa Fundación reafirman o seu total compromiso non só coa canteira celeste, senón co fútbol base de Galicia convencidos de que a unión e colaboración de todos os clubs permitirá elevar o potencial do fútbol galego.

Leave a Reply

twenty − 8 =