Hemeroteca canteira

Novo internacional da canteira celeste: Santi Mina, coa Selección Española Sub-18

RC Celta

santi_mina_-_entrenamiento_balaidos_-_web.jpg

Participará no XXXIX Torneo Internacional do Atlántico ante México, Portugal e Canarias

 

A canteira do Real Club Celta incrementa o seu protagonismo nas categorías inferiores da selección española cun novo internacional. O dianteiro celeste Santi Mina forma parte da lista da Selección Española Sub-18 que disputará o XXXIX Torneo Internacional do Atlántico en Las Palmas de Gran Canaria. Santi Mina, recentemente renovado por cinco tempadas, únese así a unha lista de internacionais de categorías inferiores na que nos últimos tempos figuran xa nove xogadores do Celta.

 

A gran tempada de Santi Mina no Real Club Celta Xuvenil de División de Honra, con 27 goles en 17 partidos, non pasou desapercibida para os técnicos do combinado nacional Sub-18. O futbolista quen se adestra co primeiro equipo e xa debutou co filial, forma parte da convocatoria para o Trofeo do Atlántico, que se disputa entre os días 29 de xaneiro e 1 de febreiro nas Palmas.

 

A Selección Española medirase a Portugal, Canarias e México neste torneo, que se desenvolvese nos campos de Maspalomas e Jorge Pulido das Palmas.

 

Santi Mina é o noveno xogador do Real Club Celta convocado polas categorías inferiores do combinado nacional. Jonny e Rubén regresan hoxe de adestramentos oficiais coa Selección Sub-19 e con anterioridade foron convocados Adrián, Jordan, Fernán, Hugo Pintos e Yelko Pino, ademais do lateral do primeiro equipo Hugo Mallo.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas