O Alevín A pon rumbo a EEUU para participar na Dallas Cup

dallascupalevinida

 

O Celta Alevín A despegou este mércores cara á cidade estadounidense de Dallas. Froito da espléndida imaxe deixada o pasado Nadal no torneo LaLiga Promises de Miami, o conxunto celeste foi convidado a participar na Dallas Cup esta semana Santa. Ademais de disputar o torneo, o club celeste impartirá diversas charlas sobre metodoloxía, captación de xogadores e promoción de valores.

 

Os vigueses están encadrados no grupo B do torneo xunto a Toronto FC, Orlando City e Los Ángeles FC. O Celta e o Villarreal CF son os dous únicos conxuntos europeos na Dallas Cup. 

 

 

Foto: Álex Otero, adestrador do Celta Alevín A (@AlexOteroLopez)

Leave a Reply

2 + two =