Primeiro Equipo

O Athletic Club, primeiro rival copeiro do Celta

RC Celta

ATH-CEL_13-14_Augusto.jpg

A ida dos 1/16 de final xogarase en Balaídos entre o 6 e o 8 de decembro

 

O sorteo de 1/16 da Copa do Rei 2013-2014, celebrado esta mañá no Vicente Calderón, deparou ao Athletic Club como rival do Real Club Celta. Tras ser o primeiro equipo en xogar un partido de Liga no novo San Mamés, os celestes tamén estrearán o campo bilbaíno en competición copeira: “estou moi contento. O Athletic é un club cunha tradición e uns valores que nos gustan. Sabemos da dificultade do rival, pero é un opoñente moi interesante”, declarou o adestrador céltico Luís Enrique.

 

O conxunto vigués xogará a ida en Balaídos, entre o 6 e o 8 de Decembro, mentres que a volta disputarase en Bilbao o 18 do mesmo mes: “quen sabe se xogar a volta fóra pode ser un condicionante. Xa o veremos, aínda que eu creo que non o será. O marco do encontro será incomparable tanto en casa como en San Mamés”, asegurou Luís Enrique.

 

Este sorteo deixa configurados todos os emparellamentos do torneo até a eliminatoria de semifinais. Se o Celta supera o enfrontamento ante o Athletic Club mediríase en oitavos de final ao vencedor do Lleida-Betis.

 

Sorteo_Copa_13-14.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas