O atleta Chema Martínez descobre a Clínica RC Celta

Chema Martínez, lendario atleta español, visitou recentemente a Clínica RC Celta, situada na sede do club vigués e que ofrece a todos os públicos a experiencia dos profesionais médicos do RC Celta. O campión europeo en 10.000 metros coñeceu as instalacións célticas e ofreceu unha charla no Salón Regio acompañado polo doutor García Cota, xefe dos servizos médicos celestes e responsable da Clínica RC Celta. Reserva a túa cita no 886 160 955.