O Cadete A vence ao Pontevedra e proclámase campión de Liga

escudogrande.jpg

A falta dunha xornada, os de Sergio Martín suman 90 puntos e asegúranse o título

 

A canteira celeste sumou un novo éxito este sábado. O Celta Cadete A proclamouse campión de Liga tras vencer 1-2 ao Pontevedra no campo da Xunqueira con dobrete de Javi Ben.

 

A falta dunha xornada para a finalización do campionato o equipo adestrado por Sergio Martín suma 90 puntos, 5 máis que o segundo clasificado, o Deportivo. Os célticos concluirán a tempada o próximo fin de semana na Madroa ante o CD Areosa.

 

O club felicita a todos os xogadores e ao corpo técnico por este título e pola gran tempada que realizaron.

Leave a Reply

4 − 1 =