Hemeroteca canteira

O Cadete B, campión da Esposende Cup

RC Celta

cadeteb-1415-presi.jpg

Bos resultados tamén do Infantil B, gañador esta semana da Copa Vigo e da Gondomar Cup

 

A canteira celeste mantén o seu bo papel nos torneos estivais. O Cadete B proclamouse este fin de semana campión da Esposende Cup con 37 goles a favor e tan só 2 en contra. Os celestes eliminaron ao FC Porto na semifinal (8-1) e na disputa polo título venceron con claridade ao Brighton inglés (4-0).

 

Os cadetes non foron os únicos triunfadores a semana pasada. O Infantil B levou o martes a Copa Vigo tras derrotar ao Valladares na final e o fin de semana proclamouse campión da Gondomar Cup cunha vitoria ante o DF Braga. Pola súa banda, o Alevín B foi subcampión do Torneo Polvorín de Lugo mentres que o Infantil A e o Benxamín A deixaron moi boas sensacións na Cotif Youth Gandía na que os primeiros chegaron ata semifinais e os máis pequenos ata cuartos de final.

 

resultados290615.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas