O campo da UD Alhama estrea a súa particular “Grada de Río”

Unha mensaxe en redes sociais terminou converténdose nunha fantástica historia de irmandamento entre dous clubs, aparentemente, sen lazos en común. O pasado mes de maio a UD Alhama, equipo aragonés que compite na Segunda Rexional, escribía un tuit mencionando ao RC Celta no que solicitaba a posibilidade de contar coas butacas antigas do estadio Abanca Balaídos. O club vigués accedeu á petición do conxunto maño e o 14 de xuño atopáronse no estadio céltico para facer entrega de 130 butacas destinadas a acondicionar a bancada do campo da UD Alhama.

A odisea destas butacas, cheas de historia e emocións celestes, chega agora ao seu fin. O club aragonés ha completado a instalación dos asentos na que, desde agora e en homenaxe ao RC Celta, coñecerase como Bancada de Río, do mesmo xeito que a bancada no que durante anos viviron os devenires do club olívico. Como agradecemento, a UD Alhama tamén decidiu incluír a palabra “afouteza”, unha das máis representativas do RC Celta, no deseño da súa nova camiseta, coa que celebran o 50 aniversario do club.

Outros conxuntos de Galicia e España tamén se beneficiaron desta iniciativa. Podes consultar o nome doutros clubs que recibiron asentos do estadio Abanca Balaídos AQUÍ.