O canteirán Adrián Rodríguez xogará cedido no Rápido de Bouzas

Adrián Rodríguez, dianteiro do Celta B, xogará cedido no Rápido de Bouzas de Segunda División B ata final da tempada 2017/18. O RC Celta desexa ao xogador o maior dos éxitos durante a súa etapa no conxunto aurinegro.