O canteirán Álex Vila suma a súa cuarta convocatoria coa Sub-16

Álex Vila, xogador do Cadete A, consolida a súa presenza na Selección Española Sub-16 coa súa cuarta convocatoria consecutiva. O defensa celeste foi chamado polo seleccionador nacional para participar nos adestramentos oficiais que o combinado español realizará en Las Rozas (Madrid) do 9 ao 11 de abril.

Vila estreouse nunha lista da Sub-16 o pasado mes de novembro. En xaneiro regresou para adestrarse coa Selección en Madrid e en febreiro formou parte da convocatoria para o Torneo de Desenvolvemento UEFA, no que o canteirán céltico participou en tres encontros.