O canteirán Borja Domínguez, celeste as próximas cinco tempadas

Borja_Dominguez_-_Barreiro.jpg

O club vigués asegura a continuidade doutro novo vaor formado na Madroa

O Real Club Celta pechou hoxe a renovación de Borja Domínguez, centrocampista do filial que vestirá a elástica celeste as próximas cinco tempadas. O club vigués asegura a continuidade doutro dos seus novos valores e reafirma a súa aposta polos futbolistas formados na canteira céltica.

 

Borja Domínguez (Vigo, 30 de maio de 1992) incorporouse ás categorías inferiores do Celta fai nove anos, comezando no Infantil A. Desde entón Borja pasou polos distintos equipos da Madroa ata chegar ao Celta B, tras xogar cedido no CD Ourense e Vilalonga FC.

 

A tempada actual está a ser a da súa consolidación no filial celeste, no que se converteu en peza crave da liña medular.

 

Fotografía: Marta Grande

Leave a Reply

11 − 2 =