O canteirán Brais Méndez será celeste ata 2021

carlos_mourino_brais_mendez_renovacion_canteira_celta_2.JPG

 

O RC Celta selou a continuidade dun canteirán cunha enorme proxección, o centrocampista Brais Méndez, quen renovou ata o ano 2021. O interior internacional, quen realizou a pretempada co primeiro equipo, acababa contrato no 2019 e deste xeito amplía o seu vinculación co club celeste outras dúas tempadas.

 

Brais (Mos, 7 de xaneiro de 1997) chegou ao RC Celta en categoría cadete e é un fixo nas distintas categorías inferiores da selección española, desde a sub-16 ata a sub-19.

 

 

Leave a Reply

5 × two =