O canteirán celeste Iván Villar, coa Selección Española Sub-19

 

ivanvillar-celtab-1516

 

O porteiro do Celta B Iván Villar volve ás categorías inferiores da Selección Española cun gran paso adiante. O gardameta céltico, con notable protagonismo no filial esta tempada, foi convocado polo seleccionador nacional Sub-19 para os adestramentos oficiais que o combinado español realizará nas Rozas entre os días 26 e 28 do presente mes de outubro con miras aos dous partidos que disputará ante Letonia a principios de novembro.

 

Iván Villar (Aldán, 9 de xullo de 1997) acumulou experiencia e exhibiu as súas grandes condicións na selección española Sub-17, coa que participou en numerosos encontros internacionais. Con 18 anos recentemente cumpridos, o porteiro celeste dá o paso agora ao combinado Sub-19, polo que recentemente xa pasaron canteiráns como Rubén Blanco ou David Costas.

 

O desenvolvemento e mellora da canteira céltica é un dos principais obxectivos do club e a Fundación Celta, envorcados, co decidido respaldo da afección, na potenciación dunhas categorías inferiores que continúan crecendo e gañando protagonismo nos distintos combinados da selección nacional.

Leave a Reply

20 − nineteen =