O canteirán celeste Martín, convocado coa Selección Española Sub-16

martinrafael1516.jpg

 

O Real Club Celta e a Fundación Celta recibiron hoxe outra noticia gratificante e satisfactoria, a convocatoria do xogador celeste Martín Rafael Crespo para adestramentos oficiais coa Selección Española Sub-16.

 

Para Martín (Soutomaior, 17 do 11 do 2000) é a primeira chamada do combinado que dirixe Santi Denia, unha convocatoria que chega pouco despois da que recibiron outro tres canteiráns, Pape Cheikh, Diego Alende e Iván Villar, para un partido ante Italia coa Selección Sub-19. O extremo céltico leva xa catro tempadas na canteira celeste.

 

A Selección Sub-16 concentrarase na Cidade do Fútbol de Las Rozas do 25 ao 27 de xaneiro de 2016 para os citados adestramentos oficiais.

Leave a Reply

8 − 1 =