Hemeroteca canteira

O canteirán David Goldar renova co Celta

RC Celta

David_Goldar.jpg

Incorpórase ao filial tras vincularse co club polas próximas tres tempadas con opción a dous máis

O Real Club Celta asegura a continuidade doutro dos seus novos valores coa renovación do central David Goldar, que continuará na disciplina celeste as próximas tres tempadas con opción a dúas máis.

 

Goldar (Romai, Portas – 1994), capitán do Celta Xuvenil División de Honra a pasada tempada, xogará a 2013/2014 co filial céltico: “levo xa nove anos aquí e poder continuar no Celta B, ou no primeiro equipo se me necesita, prodúceme unha ilusión moi grande”.

 

O canteirán recoñece que o salto de División de Honra a Segunda División B “vai ser complicado, pero o adestrador coñécenos e vai saber tratarnos para que o cambio sexa o máis natural posible”.

 

Goldar quixo acordarse no día da súa renovación de “todos os adestradores que me formaron, da miña familia que sempre está aí, dos meus amigos e do club. Nótase que están a dar moita importancia á canteira e que hai unha aposta clara por nós”.

 

Fotografía: Marta Grande

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas