Hemeroteca canteira

O canteirán Diego Alende, no minitorneo de Elite do Campionato de Europa Sub-19

RC Celta

160314_Alende_Convocado.jpg

 
Luis de la Fuente, seleccionador nacional Sub-19, deu a coñecer a lista de convocados para o minitorneo de Elite do XV Campionato de Europa Sub-19 entre os que se atopa o canteirán celeste Diego Alende. A competición terá lugar en Cartaya e Lepe (Huelva) do 24 ao 29 de marzo e enfrontará á selección española cos combinados de Grecia, Inglaterra e Xeorxia. O futbolista do Real Club Celta repite convocatoria, esta vez para loitar por un posto na fase final do campionato de Europa Sub-19 que se celebrará este verán en Alemaña.

 

A continuidade de Diego Alende na Sub-19, froito do seu traballo diario e o seu gran desempeño en anteriores convocatorias, é un motivo de gran satisfacción para a canteira celeste, a afección e a Fundación Celta de Vigo, que traballa con firmeza no desenvolvemento global das categorías inferiores, alicerce fundamental do proxecto deportivo do Real Club Celta de Vigo.

 

Partidos

 

24.03.2016
12h España – Grecia (Estadio Ciudad de Lepe)

 

26.03.2016
12h España – Xeorxia (Estadio Luís Rodríguez Salvador de Cartaya)

 

29.03.2016
17h Inglaterra – España (Estadio Ciudad de Lepe)

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas