O canteirán Diego Alende renova co RC Celta

diego_alende_celta_renovacion_2017.jpg

 

O RC Celta selou a continuidade do central do filial Diego Alende, quen se compromete co club vigués por dúas tempadas con outras dous opcionais.

 

Diego Alende (Santiago, 1997) ascendeu en 2015 de xuvenís ao Celta B, co que acaba de asinar un espléndido ano culminado coa disputa da fase de ascenso a Segunda División. Alende, que este verán afronta a súa segunda pretemporada co primeiro equipo, debutou co RC Celta en 2015 en partido de Primeira División. Foi ante o Real Betis e o xogador disputou o segundo tempo completo dun choque que finalizou en empate.

 

O club traballa para consolidar o proxecto deportivo da súa filial e, xunto á súa Fundación, continúa dedicando esforzos a consolidar e potenciar a súa aposta polo fútbol base, aceno de identidade do club.

Leave a Reply

twelve − 7 =